Descripción |
A prestación do servizo de limpeza das dependencias, tanto interiores como exteriores do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVU-RC), centro dependente da Fundación Pública Galega Rof Codina (FRC), de acordo coas especificacións técnicas e condicións que figuran nos pregos. A superficie da edificación e a clasificación dos espazos en función do risco (alto e baixo) establécense no Prego de Prescricións Técnicas
SUSPENSIÓN:
A data límite de presentación de ofertas (que inicialmente era o 25/03/2020) prorrogarase pola declaración do ESTADO DE ALARMA por parte do Goberno de España. Cando finalice dita situación fixarase o novo prazo. Desculpen as molestias. INTERRUPCIÓN DOS PRAZOS na presentación de ofertas e tramitación dos procedementos de contratación Ante as excepcionais circunstancias nas que nos encontramos, infórmase que interrómpense os prazos para a presentación de ofertas e a tramitación dos procedementos de contratación das entidades do Sector Público, xa licitados, ata a data en que perda vixencia a Resolución do 13 de marzo, da Secretaría xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade o acordó do Consello da Xunta polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria. Cando ese momento chegue, reanudaranse os prazos interrompidos durante o tempo preciso para completar o prazo inicialmente previsto para presentar as ofertas, salvo que o órgano de contratación acorde un prazo distinto. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo (18/03/2020)
CORRECCIÓN: Modificada data y hora límite de presentación electrónica |