Expediente |
explotación da cafetería anexa á piscina |
Organismo |
Ayuntamiento de Lugo |
Código Postal |
27002 |
Fecha de publicación |
06/11/2010 |
LUGO
Anuncio
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 20
de outubro de 2010, aprobou a forma de adxudicación
mediante procedemento aberto para A CONTRATACIÓN
DA EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA ANEXA Á PISCINA
MUNICIPAL CUBERTA DO CAMPUS UNIVERSITARIO
“AS PEDREIRAS”.
Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación
conforme as seguintes características:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de
Contratación e Patrimonio.
2.- Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: Contratación da explotación
da cafetería anexa á piscina municipal cuberta do
Campus Universitario “ As Pedreiras”
b) Prazo de execución: A duración do contrato é de
TRES ANOS contados a partir da acta de inicio da explotación.
Finalizado este periodo poderase prorrogar mediante
acordo expreso das partes por períodos anuais
ata un máximo de tres anos mais. A tal efecto deberase
solicitar por parte da adxudicataria a correspondente
prórroga antes do remate do periodo contractual.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Aberto.
4.- Tipo de licitación.
a) Orzamento máximo do contrato: O canon a pagar
polo adxudicatario establécese nun mínimo de 800 euros
anuais (IVE 8% incluído), resultando fi nalmente o canon
ofertado á alza polo adxudicatario na súa proposta económica.
Para o resto de condicións ver cláusula cuarta do prego
de cláusulas administrativas particulares.
5.- Garantías:
Defi nitiva: 5% do importe de adxudicación, excluido
o IVE.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación
e Patrimonio.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-45.
e) Telefax: (982) 29-72-59.
f) Dirección internet: www.lugo.es (zona de servicios:
Perfi l do contratante).
g) Data límite de obtención de documentos e información:
Ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7.- Requisitos específi cos do contratista.
a) Outros requisitos: Os sinalados no prego de condicións.
8.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados
a partires da data de publicación deste anuncio no
Boletín Ofi cial da Provincia de Lugo. No caso de que o
último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase
ata o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: A que fi gura
na cláusula décima do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Ofi cina de Rexistro ou
ben nos lugares legalmente establecidos. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a
mante-la súa oferta (concurso): 2 meses.
9.- Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).
c) Localidade: Lugo.
d) Data: Ó segundo día natural ó remate do prazo
de presentación de proposicións. Se dito día coincidise
en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte
día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser
necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse
regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións
por correo.
10.- Outras informacións: As que se recollen no prego
de condicións.
11.- Gastos dos anuncios: 141,96 euros que serán
por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 28 de outubro de 2010.- O ALCALDE, P.D. O
TENENTE ALCALDE DELEGADA DE AREA EN FUNCIÓNS,
JOSE RABADE ARIAS.
R. 05617
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. LUGO Nº 255
Fecha de publicación: 6 de Noviembre de 2010