Expediente |
01/11 |
Organismo |
Ayuntamiento de Tomiño |
Código Postal |
36740 |
Fecha de publicación |
10/02/2011 |
TOMIÑO
Anuncio de licitación
SUBMINISTRACIÓN E XESTIÓN DE SERVIZOS DE TELECOMUNICACIÓN, EXPLOTACIÓN E MANTEMENTO
DA REDE WIMAX MUNICIPAL
1.—Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Tomiño. b) Dependencia que tramita o
expediente: Secretaria. Núm. expediente: 01/11
2.—Obxecto do contrato: Subministración e xestión de servizos de Telecomunicación, explotación e
mantemento d a Rede Wimax municipal para ofrecer acceso á banda larga nos núcleos de poboación
pertencentes ao Concello de Tomiño, incluídos no ámbito do proxecto piloto Tomiño sen fíos, e que se
reflicten nos Anexos I e II do Prego de Condiciones Técnicas, conforme se especifica nos puntos 1.5 e 1.6 do mesmo. Duración: Tres (3) anos con posibilidade de prórroga anual ata o máximo de 6 anos, e segundo
o establecido no PCAP.
3.—Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento:
aberto con multiplicidade de criterios.
4.—Presuposto: estimado en 98.832,00 €/año (IVE incluído). A retribución do concesionario consistirá
nas tarifas que abonen os usuarios do servizo obxecto do contrato, e que se inclúan na proposición
económica da adxudicataria ou, no seu caso, polos ingresos por patrocinio ou publicidade. Canon de
explotación: 23.007,33 €/ ano mínimo. financiamento: Autofinanciamento.
5.—Garantías: Provisional: no se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación sen IVE.
6.—Requisitos específicos do contratista: O licitador deberá dispoñer de título habilitante expedido
pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións para a explotación de redes e prestación de servizos
de comunicacións electrónicas, así como as respectivas licenzas, autorizacións e permisos.
7.—Obtención de documentación e información: Secretaria do Concello. Praza do Seixo, 1. Tomiño
36740; teléfono: 986 622 001/ fax: 986 608 164. Web: www.concellotomino.com (perfil do contratante).
8.—Presentación das ofertas: no Rexistro Xeral do Concello, de 9 a 14 horas, excepto o sábado que
será das 9 a 13 horas. Documentación a presentar: a esixida nos pregos. Data límite: 15 días naturais
contados desde o seguinte á última publicación da licitación no Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra (BOPDEPO), Diario Oficial de Galicia (DOG) e Perfil do Contratante do Concello. Si o prazo
finalizara en día inhábil ou sábado, entenderase que o prazo expira o inmediato día hábil posterior.
9.—Apertura de ofertas: Pola mesa de contratación e de conformidade co establecido nos pregos de
condiciones.
10.—Criterios de adxudicación: O resultado final (máximo de 100 puntos) obterase da suma das
valoracións dos seguintes criterios pormenorizados no PPT.
Criterios automáticos (60 puntos):
a) Plan de Tarifas (36 puntos).
b) Canon (9 puntos).
c) Prazo de posta en marcha (10 puntos).
d) Oferta de servizos de telefonía (5 puntos).
Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor (40 puntos):
a) Valoración de referencias e experiencias similares da empresa (5 puntos).
b) Garantías do Servicio de Mantemento (20 puntos):
— b.1. Plan xeral de mantemento correctivo: 4 puntos
— b.2. Políticas de mantemento preventivo: 4 puntos
— b.3. Soporte técnico, de administración e monitorización do tempo de resposta e resolución de
incidencias: 4 puntos
— b.4. Atención ao usuario: 4 puntos
— b.5. Soporte integral para os equipos doutros fabricantes: 4 puntos
c) Outras prestacións superiores ao canon sen custe para o Concello, que se valorarán como
melloras (15 puntos)
— c.1. Ampliación da rede: 10 puntos.
— c.2. Subministro al Concello: 5 puntos
11.—Gastos de anuncios: Por conta do adxudicatario. Importe máximo 1.100,00 euros.
Tomiño, a 2 de febreiro de 2011.—A alcaldesa, Sandra González Álvarez. 2011001128
9
Fuente de información: B.O.P. PONTEVEDRA Nº 28
Fecha de publicación: 10 de Febrero de 2011