Expediente |
1822/2011 |
Organismo |
Diputación Provincial de a Coruña |
Código Postal |
15001 |
Fecha de publicación |
28/03/2011 |
Deputación Provincial da Coruña
Secretaría Xeral. Servizo de Patrimonio e Contratación
Anuncio de procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración
1. ENTIDADE ADXUDICATARIA.
a) ORGANISMO: Excma. Deputación Provincial da Coruña.
b) DEPENDENCIA QUE TRAMITA O EXPEDIENTE: Patrimonio e Contratación.
c) NÚMERO DE EXPEDIENTE: 1822/2011.
2. OBXECTO DO CONTRATO: CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REALIZACIÓN DE TAREAS DE APOIO RELACIONADAS CO PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA AGRUPADO 2011 PARA PERSOAL DE ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA.
3. PRAZO DE EXECUCIÓN: os servizos se iniciarán ao día seguinte á sinatura do contrato e os traballos deben estar finalizados como máximo 7 días despois de rematadas as accións formativas.
4. TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.
a) Tramitación: URXENTE.
b) Procedemento: ABERTO.
c) Forma: PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE VALORACIÓN.
5. PRESUPOSTO DE LICITACIÓN.
O importe máximo a aboar pola Deputación ascende á cantidade de 18.940 € (IVE engadido).
6. GARANTÍA PROVISIONAL.
Non se esixe.
7. GARANTÍA DEFINITIVA.
5% do prezo de adxudicación (IVE excluído).
8. REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: non se esixen.
9. PRESENTACIÓN DE OFERTAS OU DAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN.
a) Data límite de presentación de ofertas: nas horas de oficina de 9.00 a 13.00 horas dentro do prazo de 8 días naturais, contados dende o seguinte ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no perfil do contratante (www.dicoruna.es).
b) Presentarase en 3 sobres pechados.
A) SOBRE A.–Subtitulado “Documentación”.
Conterá a documentación esixida na cláusula 12.ª do prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.
B) Sobre B.–Subtitulado “Referencias técnicas”.
Conterá a documentación esixida na cláusula 12.ª do prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.
C) Sobre C.–Subtitulado “Oferta económica”.
Conterá a oferta económica axustada ao modelo da cláusula 12.ª do prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.
10. GASTOS DE ANUNCIOS.
Os gastos correspondentes aos anuncios da licitación serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, a 23 de marzo de 2011.
O PRESIDENTE O SECRETARIO
Asdo. SALVADOR FERNÁNDEZ MOREDA Asdo. JOSÉ LUÍS ALMAU SUPERVÍA
2011/4110
Fuente de información: B.O.P. A CORUÑA Nº 59
Fecha de publicación: 28 de Marzo de 2011