Expediente |
12-50-11-C-1 |
Organismo |
Ente Público Puertos de Galicia |
Código Postal |
15707 |
Fecha de publicación |
26/04/2011 |
PORTOS DE GALICIA
Resolución do 15 de abril de 2011 pola
que se anuncia procedemento aberto multicriterio,
tramitación ordinaria, para a
selección de oferta para a tramitación da
concesión administrativa de ocupación do
dominio público portuario do porto da
Pobra do Caramiñal para instalacións de
subministración de combustible. (Expediente
12-50-11-C-1).
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección.
c) Número de expediente: 12-50-11-C-1.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento
aberto é a selección dunha oferta para a tramitación
da concesión administrativa de ocupación
de dominio público portuario do porto da Pobra do
Caramiñal para instalacións da subministración de
combustible.
b) Lugar da concesión: porto da Pobra do Caramiñal.
Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña).
c) Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos, prorrogables
a trinta (30) anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os
criterios que figuran na cláusula D.4. do prego de
bases.
4. Taxa de explotación: a especificada no prego de
bases.
5. Garantías.
a) Provisional: a especificada no prego de bases.
b) Definitiva: a especificada no prego de bases.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.
b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6ª Polígono das
Fontiñas (Área Central).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela
15707.
d) Teléfono: 981 95 75 51.
e) Fax: 981 54 53 24.
f) Data límite de obtención de documentos e información:
coincide coa data límite de presentación de
ofertas.
g) Perfil do contratante: os pregos administrativos
desta convocatoria poderanse obter no seguinte
enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=
16090
7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados
no prego de bases.
8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación
de proposicións rematará ás catorce (14.00)
horas do trixésimo (30º) día hábil seguinte ao da
publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que o mencionado día coincida en
sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións
rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil
seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: segundo
o indicado no prego de bases.
c) Lugar de presentación:
Entidade: ente público Portos de Galicia.
Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º. Polígono das
Fontiñas (Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela
15707.
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a
manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura
das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: ente público Portos de Galicia.
b) Domicilio: praza de Europa, 10-4º. Polígono das
Fontiñas (Área Central).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela
15707.
d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2)
levarase a cabo nun prazo non superior a sete días
contados desde a apertura da documentación administrativa
do sobre 1. No acto público de apertura do
sobre 2, a mesa fixará e dará publicidade á data,
lugar e hora en que se procederá á apertura do sobre 3.
e) Hora: 12.00 horas.
10. Outras informacións: a mesa de contratación
comprobará en acto previo a documentación do
sobre 1 e publicará no perfil do contratante e no
taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos
de Galicia o resultado da apertura, para que, logo de
comunicación aos interesados, se emenden, se é o
caso e dentro do prazo que se indique, os defectos
materiais observados na dita documentación.
11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por
conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2011.
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Presidente de Portos de Galicia
Fuente de información: D.O. GALICIA Nº 80
Fecha de publicación: 26 de Abril de 2011