Expediente |
aluguer de vivenda sita nos andares 2º,3º,4º e 5º do edificio municipal sito na rúa Leiras Pulpeiro nº 7 a persoas con discapacidade física e mobilidade reducida permanente |
Organismo |
Ayuntamiento de Lugo |
Código Postal |
27002 |
Fecha de publicación |
02/07/2011 |
LUGO
Anuncio
LICITACIÓN
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 22 de xuño de 2011, no seu acordo número 10/436
declarou deserto o procedemento para a CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO DE CATRO VIVENDAS QUE CONTAN
CON ADAPTACIONS TÉCNICAS PARA SER UTILIZADAS POR PERSOAS CON DICAPACIDADE E MOBILIDADE
REDUCIDA e abre unha nova convocatoria pública mediante procedemento aberto.
Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio.
2.- Obxecto do contrato.
a)Descrición do obxecto: A contratacion do aluguer de vivenda sita nos andares 2º,3º,4º e 5º do edificio
municipal sito na rúa Leiras Pulpeiro nº 7 a persoas con discapacidade física e mobilidade reducida permanente
b) Prazo de execución: os contratos de aluguer terán unha duracion de DOUS ANOS prorrogables ata cinco anos
en total.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedimiento: aberto
4.- Prezo dos contratos: En función da renda ( cláusula terceira dos pregos de cláusulas administrativas)
5.- Garantías: Non se esixen.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002
d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-86.
e) Telefax: (982) 29-72-59.
f) Dirección internet: www.lugo.es (Zona de servicios: perfil do contratante)
g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de
proposicións.
7.- Requisitos específicos do contratista. Os sinalados na cláusula terceira do prego de prescripcións técnicas.
8.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partires da data de publicación deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase
ata o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula sétima do prego de prescripcións técnicas
e o modelo de solicitude ( anexo I)
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197
3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002
8.- Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta)
c) Localidade: Lugo
d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en
sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser
necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das
proposicións por correo. 9.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións.
10.- Gastos dos anuncios: 125,32 euros que serán por conta do adxudicatario.
Lugo, 24 de xuño de 2011.- O ALCALDE, José López Orozco
R. 3271
Fuente de información: B.O.P. LUGO Nº 150
Fecha de publicación: 2 de Julio de 2011