| Expediente | explotación da cafetería do Centro Social, situado na Rúa de Oriente do Concello de Ponteareas. |
| Organismo | Ayuntamiento de Ponteareas |
| Código Postal | 36860 |
| Fecha de publicación | 04/11/2011 |
Anuncio de licitación A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 10-10-2011 acordou aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente, do Contrato Administrativo Especial de Explotación da Cafetería do Centro Social do Concello de Ponteareas. Entidade adxudicadora: Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas. Obxecto do contrato e tipo: Tipo de contrato: contrato administrativo especial. Descrición: contratación administrativa especial da explotación da cafetería do Centro Social, situado na Rúa de Oriente do Concello de Ponteareas. Así mesmo o obxecto do contrato comprenderá unha inversión inicial mínima por importe de 6.000 € (IVE incluído), que debe realizar o contratista durante o primeiro ano de vixencia do contrato, co seguinte detaie: -Cambio do mobiliario: como mínimo se substituirán as mesas e cadeiras existentes na cafetería por outras novas; -Pintado das instalacións da cafetería. duracion do contrato: A duración do contrato será de dous anos, a contar dende o día seguinte ó da formalización do contrato, podendo ser obxecto dunha soa prórroga expresa por outros dous anos máis. Prezo do contrato: O tipo mínimo de licitación do presente contrato ascende á cantidade anual de seis mil trescentos setenta e dous euros, IVE incluído, (6.372,00 €, IVE incluído), entendido como canon anual a pagar por parte do contratista adxudicatario ao Concello, podendo mellorarse dito tipo ó alza. Da cantidade anual sinalada corresponde ao IVE a cantidade de 972 €. Procedemento: Aberto con multiplicidade de criterios de valoración. Tramitación: Urxente. Clasificación empresarial: Non se esixe. Solvencia económico-financieira: Acreditarase por un ou varios dos medios seguintes, nos termos da cláusula 8 do PCAP (Prego de cláusulas administrativas particulares): a—Declaracións apropiadas de entidades financeiras, con referencia ó contrato. b—Xustificante de que conta cun seguro de indemnización por riscos profesionais cun importe equivalente ao cuádruplo do presuposto de licitación. c—As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán aportar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. d—Declaración sobre o volume global de negocios, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario. O volume global de negocios deberá ser como mínimo o dobre do orzamento de licitación. Solvencia técnica e profesional: Acreditarase por un ou varios dos medios seguintes, nos termos da cláusula 9 do PCAP: a) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos relacionados co obxecto do contrato. b) Indicación do persoal técnico ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participante no contrato. c) Descrición das instalacións técnicas, das medidas empregadas polo empresario para garantir a calidade e dos medios de estudo e investigación da empresa. d) As titulacións académicas e profesionais do empresario e do persoal directivo da empresa e, en particular, do persoal responsable de la execución do contrato. e) Nos casos adecuados, indicación das medidas de xestión medioambiental que o empresario poderá aplicar ó executar o contrato. f) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución dos traballos ou prestacións. garantia provisional: Non se esixe. garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE. Prazo e lugar de presentación de proposicións: O prazo de presentación de proposicións para poder tomar parte na licitación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP ou perfil de contratante, tendo en conta a publicación que sexa posterior Os interesados presentarán as súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas, no horario de apertura ó público (de 9,00 a 13,00 horas), ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. Forma presentación proposicións: Os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres (1, 2 e 3) nos termos establecidos no PCAP. Apertura de ofertas: A mesa de contratación calificará previamente a documentación presentada no sobre 1 de documentación administrativa, en acto non público a celebrar na Casa do Concello o terceiro día hábil seguinte ó último día de presentación de plicas no suposto de que non se comunique a remisión de proposicións por correo. —A continuación do acto anterior, o terceiro día hábil seguinte ao de terminación do prazo de presentación de proposicións, se procederá pola mesa ao acto de apertura e de valoración, no seu caso, do sobre 3 (criterios que dependen dun xuízo de valor). —O acto público de apertura das proposicións (sobre 2) se celebrará na Casa do Concello no día e hora que previamente se anuncie no perfil do contratante http://www.ponteareas.es ou no taboleiro de anuncios da Corporación. —Nos supostos de outorgarse prazo de subsanación da documentación contida no sobre 1, ou de presentarse ofertas por correo ou de requirirse aclaracións, complementos ou subsanacións da documentación presentada, os sucesivos actos da mesa se celebrarán no lugar e día que se sinale no taboleiro de anuncios do concello ou no perfil do contratante http://www.ponteareas.es. Criterios para a adxudicación do contrato: Os sinalados no PCAP, nos seus termos: —Mellora ao alza sobre o tipo de licitación (canon anual a pagar ao Concello): de 0 a 30 puntos. —Memoria de xestión-proxecto de explotación da cafetería: versará sobre a forma de xestión da cafetería, sinalando as melloras ofertadas respecto do contido mínimo establecido nos Pregos de condicións: de 0 a 15 puntos. —Obras de mellora a realizar nas instalacións a maiores das mínimas recollidas na cláusula 1 do prego: de 0 a 15 puntos. Información: O prego de cláusulas administrativas e outra documentación precisa se poderá obter polos interesados no departamento de Secretaría do Concello de Ponteareas, e na páxina web http://www.ponteareas.es. Dirección do Concello: Xardíns da Xiralda s/n.-CP:36860 Ponteareas. Teléfono: 986-640000. Ponteareas, 10 de outubro de 2011.—O Alcalde, Salvador González Solla. 2011010419 ?? ?? ?? ?? 9 Fuente de información: B.O.P. PONTEVEDRA Nº 212 Fecha de publicación: 4 de Noviembre de 2011