Expediente |
1/2009 |
Organismo |
Entidade Local Menor de Bembrive. |
Código Postal |
36313 |
Fecha de publicación |
17/12/2009 |
ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE
A N U N C I O
Por resolución do Alcalde pedáneo do 2 de decembro
de 2009 , foi aprobado o Prego de cláusulas
administrativas particulares e prescricións técnicas
que rexerán a subasta por procedemento aberto
para realizar o alleamento do aproveitamento madeirable,
no monte de San Cibrán, Aradas e Outros,
número 563 de Utilidade Pública, os cales expóñense
ao público por prazo de oito días contados a
partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para
que poidan presentarse reclamacións.
Simultaneamente anunciase a subasta, se ben a
licitación aprazarase, cando resulte necesario, no
suposto de que se formulen reclamacións contra o
prego de condicións.
1.—ENTIDADE ADXUDICATARIA
a) Organismo: Alcalde pedáneo da Entidade
Local Menor de Bembrive.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría
da Entidade Local Menor.
c) Número de expediente 1/2009
2.—OBXECTO DO CONTRATO
A venda do aproveitamento madeirable corresponde
a unha clara de 6.323 pes da especie Pinus
pinaster, que se valoran en 14.766,25 Euros, como
prezo base, están situados nos lugares de Galleiro,
Pouso e outros do monte de “San Cibrán, Aradas e
Outros”, número 563 de Utilidade Pública. Prazo
de execución: oito meses
3.—TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE
ADXUDICACIÓN
a)Tramitación: Ordinaria. Procedemento: Aberto.
Forma: Subasta.
4.—TIPO Á ALZA
O aproveitamento ten como tipo mínimo o prezo
base sinalado, que pode poxarse á alza.
5.—GARANTÍAS
Provisional: de 532,98 euros. Defintiva: do 5 %
do remate.
6.—OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN
E INFORMACIÓN
a) Entidade Local Menor de Bembrive Praza
Mosteiro núm. 1 – CP 36313, Bembrive (Vigo)
Teléfono: 986 423148
b) Data límite de obtención de documentación e
información: O día anterior hábil ao de remate
do prazo de presentación de proposicións.
7.—PRESENTACIÓN DE OFERTAS
a) Documentación a presentar: A especificada
na cláusula cuarta do prego de cláusulas administrativas
particulares.
b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da
Entidade Local Menor de Bembrive, con sede
no domicilio arriba indicado, de nove a catorce
horas, tódolos días, agás sábados e festivos.
c) Os solicitantes presentarán as súas proposicións
durante o prazo de 26 días naturais,
contados desde o seguinte ao da data de publicación
no presente anuncio no Boletín Oficial
da Provincia de Pontevedra
8.—APERTURA DAS OFERTAS
Terá lugar no Edificio Sede da Entidade Local
Menor de Bembrive ás 12:00 horas do quinto día
hábil, agás sábados, a contar do remate do prazo de
presentación de proposicións, en acto público.
Bembrive, 3 de decembro de 2009.—O alcalde
pedáneo, Benito Pérez González. 2009013780
??
??
??
??
9
Fuente de información: B.O.P. PONTEVEDRA Nº 242
Fecha de publicación: 17 de Diciembre de 2009