Expediente |
A prestación das actividades incluídas dentro da programación da animación sociocultural dos centros municipais de convivencia. |
Organismo |
Ayuntamiento de Lugo |
Código Postal |
27002 |
Fecha de publicación |
02/03/2012 |
LUGO
Anuncio
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 15 de febreiro de 2012, aprobou a forma de adxudicación
mediante procedemento aberto para A CONTRATACIÓN DA PRESTACIÓN INTEGRAL DAS ACTIVIDADES DE
ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL NOS CENTROS DE CONVIVENCIA MUNICIPAIS E OUTROS.
Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio e Fomento.
2.- Obxecto do contrato.
a)Descrición do obxecto: A prestación das actividades incluídas dentro da programación da animación
sociocultural dos centros municipais de convivencia.
b) Prazo de execución: o prazo de duración deste contrato será de DOUS ANOS contados a partir da
formalización do contrato administrativo (ver claúsula terceira).
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria b) Procedimiento: aberto
4.- Tipo de licitación
a) Orzamento máximo do Contrato: O prezo do contrato para a primeira anualidade ascende a cantidade de
196.673,85 euros, máis o 8% de IVE ó ano (15.733,91), do cal resulta un presuposto máximo de 212.407,76
euros.
5.- Garantías:
a) Provisional: non se esixe
b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE,
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002
d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-45.
e) Telefax: (982) 29-72-59.
f) Dirección internet: www.lugo.es (Zona de servicios: perfil do contratante)
g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de
proposicións.
7.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partires da data de publicación deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase
ata o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula novena do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos nos pregos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197
3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002
8.- Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta)
c) Localidade: Lugo
d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en
sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser
necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das
proposicións por correo.
9.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións.
10.- Gastos dos anuncios: 124,54 euros que serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 22 de febreiro de 2012.- O ALCALDE, P.D. TENENTA-ALCALDE DA AREA ( Decreto Alcaldía nº 60/2011),
Sonia Méndez García
R. 0853
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. LUGO Nº 51
Fecha de publicación: 02 de Marzo de 2012