Expediente |
REDE DE SANEAMENTO EN MIÑARZO |
Organismo |
Ayuntamiento de Carnota |
Código Postal |
15293 |
Fecha de publicación |
14/08/2012 |
Carnota
Adxudicación de obra POS 2012 “Rede de saneamento en Miñarzo-Lira”
RESOLUCIÓN DA ADXUDICACIÓN DE OBRA POS 2012 “REDE DE SANEAMENTO EN MIÑARZO- LIRA”
DON RAMÓN NOCEDA CAAMAÑO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CARNOTA, PROVINCIA DA CORUÑA
En relación ao expediente de contratación da obra “REDE DE SANEAMENTO EN MIÑARZO-LIRA”, do POS 2012, unha vez
formulada a proposta técnica de adxudicación e aportada polo licitador a documentación a que fai referencia a cláusula
16.1 do prego de cláusulas adminstrativa aprobadas polo pleno da Deputación Provincial en sesión 25/05/2012, publicadas
no BOP 103, de 01/06/2012 e por resolución desta alcaldía do 11/06/2012.
De conformidade coa cláusula 16.3 do prego,
RESOLVO:
Primeiro.- ADXUDICAR o contrato para a execución da obra “REDE DE SANEAMENTO EN MIÑARZO-LIRA”, do POS 2012,
á empresa “Excavaciones y Obras Públicas de Galicia S.L.” (EXOGA SL) con CIF B-15317134, polo prezo de licitación de
66.600,00€ (56.440,68€+10.159,32€) e un prazo de execución de 46 días, tendo que presentar antes do inicio das obras
o Plan de Seguridade e Saúde.
Segundo.- A adxudicación se notificará aos licitadores e publicarase no BOP de confirmidade co apartado 15 de cadro
de características do contrato.
Terceiro.- A formalización do contrato deberá efectuarse non máis tarde dos quince días hábiles seguintes a aquel no
que se reciba a notificación da adxudicación aos licitadores e na data que sinale a administración.
Dado en Carnota a 10 de agosto de 2012
O alcalde
Ante mín,
A secretaria en funcións
María Dolores Maceiras Martínez
2012/10391
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. A CORUÑA Nº 154
Fecha de publicación: 14 de Agosto de 2012