Expediente |
realización dos servizos educativos |
Organismo |
Ayuntamiento de Lugo |
Código Postal |
27002 |
Fecha de publicación |
24/05/2013 |
Anuncio
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 3 de maio de 2013, aprobou a forma de adxudicación
mediante procedemento aberto para a CONTRATACIÓN DA PRESTACIÓN DO SERVIZO EDUCATIVO E DE
COMEDOR E LIMPEZA NAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS LUÍS SOTO MENOR (SAN FIZ) E PIRINGALLA.
Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento.
2.- Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: É a realización dos servizos educativos, de comedor e limpeza nas escolas
infantís municipais Luís Soto Menor (San Fiz) e da Piringalla.
b) Prazo de execución: a duración do contrato será de UN ANO contado a partires da formalización do
contrato administrativo, podendo ser obxecto de prórroga por un período máximo anual sen que a
duración total do contrato, incluídas as prórrogas poida exceder de DOUS ANOS.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedimiento: aberto
4.- Tipo de licitación
a) Orzamento máximo do Contrato: O importe do contrato para a primeira anualidade é de
469.457,50 euros (actividade exenta de IVE) desglosado como segue:
- Escola infantil municipal Luís Soto Menor ( San Fiz): 235.366,13 euros
- Escola Infantil municipal de A Piringalla: 234.091,37 euros
5.- Garantías: definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002
d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-45. e) Telefax: (982) 29-72-59.
f) Dirección internet: www.lugo.es (perfil do contratante)
g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de
proposicións.
7.- Requisitos específicos do contratista.
a) Outros requisitos: Os sinalados no prego de condicións
8.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación
no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No suposto que o último día coincidise en sábado ou festivo,
prorrogarase ata o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos no prego
de condicións.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197
3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002
9.- Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta)
c) Localidade: Lugo
d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día
coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo
ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente
o aviso de presentación das proposicións por correo.
10.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións.
11.- Gastos dos anuncios: 136,76 euros que serán por conta do adxudicatario.
Lugo, 15 de maio de 2013.- O ALCALDE, P.D. TENENTE-ALCALDE DA AREA ( Decreto Alcaldía nº 13000897),
Luís Manuel Álvarez Martínez
R. 2030
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. LUGO Nº 118
Fecha de publicación: 24 de Mayo de 2013