Expediente |
Xestión do servizo público de axuda no fogar |
Organismo |
Ayuntamiento de Melide |
Código Postal |
15800 |
Fecha de publicación |
31/05/2013 |
Melide
Anuncio para a contratación da xestión do servizo público de axuda no fogar do Concello da Melide
Anuncio de procedemento aberto para a adxudicación con multiplicidade de criterios de valoración e tramitación ordinaria
do contrato de xestión do servizo público de axuda no fogar do Concello da Melide.
1. Entidade adxudicadora: Concello da Melide.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: “Xestión do servizo público de axuda no fogar do Concello”.
b) Nomenclatura CPV: 85300000-2.
c) Lugar de execución: Melide.
d) Prazo de execución: dous anos a partir do día seguinte ao da súa formalización, prorrogable por períodos anuais, ata
un máximo de doutros dous anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.
4. Orzamento.
a) Orzamento máximo de licitación: o orzamento máximo de licitación é de 1.094.945,30 euros (IVE incluído), resultante
de multiplicar o tipo de licitación/por hora de prestación polo número previsible de horas de prestación nos catro anos de
duración máxima do contrato, tanto para a modalidade de prestación básica como para dependentes:
MODALIDADE
ESTIMACIÓN
N.º HORAS
DE PRESTACIÓN AO ANO
TIPO LICITACIÓN/
POR HORA DE PRESTACIÓN
TIPO IMPORTE DO IVE TOTAL PREZO HORA/PRESTACIÓN IMPORTE TOTAL ANUAL
Básica 7.870 12 € 4% 0,48 céntimos 12,48 € 98.217,60
Dependencia 14.064 12 € 4% 0,48 céntimos 12,48 € 175.518,72
ORZAMENTO MÁXIMO DE LICITACIÓN ANUAL 273.736,32
ORZAMENTO MÁXIMO DE LITACIÓN (máximo 4 anos) 1.094.945,30
O número de horas sinaladas son unha estimación calculada segundo a previsión das necesidades de prestación para
os vindeiros meses en función da situación actual do servizo.
b) Revisión de prezos: aplicarase sobre o prezo/hora de prestación, e levarase a cabo de conformidade co establecido
nos artigos 89 e seguintes do TRLCSP e coa oferta presentada (cláusula 4.4 do prego).
5. Garantías.
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación correspondente a dúas anualidades, excluído o IVE.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante www.concellodemelide.org, www.contratosdegalicia.
es.
b) Domicilio: praza do Convento, n.º 5.
c) Localidade e código postal: Melide, 15800. d) Teléfono 981 505003.
e) Fax 981 506203.
f) Data límite de obtención de documentos e información: Ata as 14:00 horas do día en que finaliza o prazo de presentación
de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Acreditación solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional: polos medios sinalados na cláusula
11.3.1, apartado H, do prego de cláusulas administrativas.
8. Criterios de valoración: os sinalados na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do
anuncio no BOP, de 9.00 a 14.00 horas (agás os sábados que será de 11.00 a 13.00 horas).
b) Documentación a presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello e outros sinalados no artigo 38 da Lei 30/1992.
10. Apertura das ofertas.
O décimo primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación
abrirá a documentación presentada nos “SOBRES A”. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse
previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego
de cláusulas administrativas.
Melide, 23 de maio de 2013.
A alcaldesa
María Ángeles Vázquez Mejuto
2013/6677
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. A CORUÑA Nº 103
Fecha de publicación: 31 de Mayo de 2013