Expediente |
servizo de limpeza das escolas infantís de Ames |
Organismo |
Ayuntamiento de Ames |
Código Postal |
15220 |
Fecha de publicación |
05/08/2013 |
Administración Local
Municipal
Ames
Anuncio de contratación do servizo de limpeza das escolas infantís de Ames (O Bosque, A Madalena e Galiña Azul)
ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DAS ECOLAS INFANTÍS DE AMES (O BOSQUE, A MADALENA E GALIÑA AZUL)
1.–Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Concello de Ames.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2.–Obxecto do contrato.
a) É a contratación do servizo de limpeza das escolas infantís do Concello de Ames (O Bosque, A Madalena e Galiña Azul).
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: varios lugares do Concello de Ames.
d) Prazo de execución: a partir do día seguinte ao da formalización do contrato. A duración inicial do contrato será de dous anos que serán prorrogables expresamente por períodos dun ano, por mutuo acordo das partes ata un máximo de catro anos (incluído período inicial e prórrogas) previa solicitude do adxudicatario realizada ao menos cun mes de antelación á finalización do contrato, sen que poidan producirse ditas prórrogas polo consentimento tácito das partes.
3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: oferta económica mais vantaxosa e varios criterios de adxudicación.
4.–Orzamento base de licitación.
O orzamento base de licitación é de 173. 212 euros máis 36.374,52 euros de IVE.
5.–Garantía provisional: non se esixe.
6.–Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación correspondente a dúas anualidades (excluído o IVE).
7.–Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 1, categoría A.
8.–Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Ames.
b) Domicilio: praza do Concello, s/n. Bertamiráns.
c) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.
d) Teléfono 981 883002.
e) Telefax 981884929.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización de presentación de proposicións.
9.–Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Ames, de 09.00 a 14.00 horas no prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia.
a) Documentación a presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Ames.
1. Entidade: Concello de Ames.
2. Domicilio: praza do Concello, s/n. Bertamiráns.
3. Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.
c) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.
10.–Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello.
b) Domicilio: praza do Concello, s/n. Bertamiráns.
c) Localidade: Ames.
d) Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de 2 días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do Concello.
11.–Gasto de anuncios.
O adxudicatario estará obrigado a pagar todos os gastos de publicación de anuncios de licitación e, de ser o caso, doutros que se puidesen insertar por causa do obxecto do contrato ou en cumprimento da lexislación vixente.
12.–Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org.
Ames, 19 de xullo de 2013.
O alcalde
Santiago V. Amor Barreiro
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. A CORUÑA Nº 147
Fecha de publicación: 5 de Agosto de 2013