Expediente |
servizo de axuda no fogar no concello |
Organismo |
Ayuntamiento de Redondela |
Código Postal |
36800 |
Fecha de publicación |
15/04/2014 |
REDONDELA
ANUNCIO DE LICITACIÓN
aprobado polo Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 27 de marzo de 2014 o prego de cláusulas
administrativas particulares e o de prescricións técnicas que rexerán na licitación, mediante
procedemento aberto, para contratar o Servizo de axuda no fogar do concello de redondela, faise
público, para efectos de presentación de ofertas polos licitadores interesados, o seguinte anuncio:
1. ENTIDADE QUE ADXUDICA:
organismo: concello de redondela. dependencia: Servizo de contratación.
2. OBXECTO DO CONTRATO:
realización do servizo de axuda no fogar no concello de redondela que se axeitará ás condicións
que se reflicten no Prego de cláusulas administrativas particulares e no de prescricións técnicas.
lugar de execución: redondela (Pontevedra).
Prazo de execución: o servizo comezará a prestarse na data en que determinen os servizos sociais do
concello, dentro do prazo máximo dun mes dende a formalización do contrato. en todo caso non
comenzará antes do 23 de xuño de 2014. o contrato terá un prazo de duración de tres anos, prorrogables
por outros dous períodos de dous e un ano respectivamente, ata un máximo de seis anos.todo isto sen
prexuízo do previsto na cláusula 38ª do Prego de cláusulas administrativas particulares que podería dar
lugar á resolución anticipada do contrato.
3. TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO
tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. VALOR ESTIMADO DO CONTRATO:
1.650.000,00 €, IVe incluído, para todo o período de duración do contrato, incluídas as posibles
prórrogas.
orzamento estimado anual: 275.000,00 €, incluíndo o IVe de aplicación que é o 4% para SaFdependencia
e 10% para SaF-libre concorrencia, calculado este sobre estimación dun servizo de
14.126,03 horas/anuais de SaF-dependencia e 3.685 horas/anuais de SaF-libre concorrencia, facendo
un total estimado de horas de contrato de 17.811,03 por ano.
5. TIPO DE LICITACIÓN:
14,00 €/hora máis IVe en SaF-dependencia e 13,50 €/ hora máis IVe en SaF-libre concorrencia,
tipos resultantes da media aritmética do custo da hora ordinaria e a prestada en domingos, días festivos
(incluídos os de especial significación) ou nocturnas.
6. GARANTÍA PROVISIONAL:
non se esixe.
7. GARANTÍA DEFINITIVA:
5% do valor estimado do contrato, IVe excluído.
8. GARANTÍA COMPLEMENTARIA:
5% do valor estimado do contrato, IVe excluído, no caso de que o adxudicatario presente unha oferta
con valores anormais ou desproporcionados.
9. OBTENCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN:
Perfil do contratante da páxina web do concello de redondela e oficina de contratación situada na
planta baixa da casa do concello. rúa alfonso XII, 2 de redondela. teléfono (986) 400300 Fax: (986)
403894. correo electrónico: contratacion@redondela.es
data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de
proposicións. 10. REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA:
acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica do xeito requirido no apartado F) da
cláusula 17.2 do Prego de cláusulas administrativas particulares.
11. PRESENTACIÓN DE OFERTAS:
15 días naturais a contar dende ao seguinte á data de publicación do anuncio de licitación no Boletín
oficial da Provincia.
documentación a presentar polos licitadores: a establecida na cláusula 13ª) do Prego de cláusulas
administrativas particulares.
lugar de presentación: rexistro Xeral do concello de redondela ou por correo na forma legalmente
determinada á dirección rúa alfonso XII, 2, 36800 redondela, ata as 14.00 h. do último día do prazo. Se
o último día fose sábado ou día inhábil, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. cando a
documentación sexa enviada por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío
na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax
(986403894) ou telegrama no mesmo día.
12. APERTURA OFERTAS
data e hora: 14,00 horas do quinto día hábil (non sábado) seguinte á data na que conclúa o prazo de
presentación (agás que faltase algunha proposición por recibir en cuxo caso fixarase un novo prazo
previo aviso no Perfil do contratante).
13. CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
os establecidos na cláusula 10ª do Prego de cláusulas administrativas particulares.
14. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLO LICITADOR QUE PRESENTE
A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA:
a esixida na cláusula 17.2 do Prego de cláusulas administrativas.
15. GASTOS DE ANUNCIOS:
Por conta do adxudicatario ata un máximo de 1.200,00 euros.
16. PÁXINA WEB PARA OBTENCIÓN DE INFORMACIÓN:
www.redondela-server.net.
redondela, 2 de abril de 2014.—o alcalde, javier Bas corugeira. 2014003348
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. PONTEVEDRA Nº 73
Fecha de publicación: 15 Abril de 2014