Expediente |
DOTACION DE INFRAESTRUCTURAS E ACERAS NA RÚA FRANQUEIRA (A ILLA DE AROUSA) |
Organismo |
Diputación Provincial de Pontevedra |
Código Postal |
36071 |
Fecha de publicación |
03/06/2010 |
Diputación Provincial
A N U N C I O
ANUNCIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POLO
QUE SE CONVOCA PROCEDEMENTO ABERTO
PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “DOTACION DE
INFRAESTRUCTURAS E ACERAS NA RÚA FRANQUEIRA
(A ILLA DE AROUSA)” (CPV 45230000).
1. ENTIDADE ADXUDICADORA
1. Organismo:Deputación de Pontevedra
2. Dependencia que tramita o expediente:Servizo
de Contratación, Facenda e Patrimonio
2. OBXECTO DO CONTRATO E ORZAMENTO
BASE DE LICITACIÓN
A execución da obra de referencia, que conta
cun orzamento de 510.140,03 €, máis 81.622,41 €
correspondentes ó IVE.
Prazo de execución: catorce meses.
3. TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA
DE ADXUDICACIÓN
1. Tramitación: ordinaria
2. Procedemento: aberto
4. GARANTÍAS
Definitiva do 5% do prezo de adxudicación, excluído
o IVE.
5. CLASIFICACIÓN EMPRESARIAL
Grupo E, subgrupo 1, categoría c.
6. OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN
E INFORMACIÓN
1. Entidade: Servizo de Contratación da Deputación
de Pontevedra.
2. Domicilio: Avda. de Montero Ríos, s/n.
3. Localidade e código postal: Pontevedra 36071
4. Teléfono: 986 804 101.
5. Telefax: 986 804 126.
6. Páxina web:www.depontevedra.es
7. PRESENTACIÓN DAS OFERTAS OU DAS
SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN
1. O prazo para a presentación de ofertas será
de vinte e seis días naturais, contados a partir
do seguinte ó da publicación deste anuncio
no BOP.
2. Documentación para presentar: a que figura
no prego de cláusulas administrativas.
3. Lugar de presentación:
* Entidade: Deputación de Pontevedra:
- Rexistro xeral: Avda. Montero Ríos, s/n.
36071 Pontevedra (de luns a sábado).
- Sede de Vigo: Rúa Oporto, 36201 Vigo (de
luns a venres)
4. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
8. APERTURA DAS OFERTAS
1. Entidade: Deputación de Pontevedra.
2. Domicilio: Avda. de Montero Ríos, s/n.
3. Localidade: Pontevedra.
4. Data: A apertura do sobre B realizarase en
acto público ás dez horas do quinto día hábil
seguinte ó do que finalice o prazo sinalado
para a presentación de ofertas. A apertura do
sobre C realizarase de acordo co establecido
na cláusula 10 do prego de cláusulas que rexe
no procedemento aberto para a contratación
da obra.
9. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
Para a valoración das proposicións e a determinación
da oferta economicamente máis vantaxosa
atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados
ó obxecto do contrato:
11.1.—Enumeración dos criterios non avaliables
mediante formulas (SOBRE B)
Os criterios avaliables mediante xuízos de valor
valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade
cos seguintes criterios:
- Memoria construtiva e programa de traballo,
ata un máximo de 20 puntos.
- Melloras na calidade e/ou cantidade global
das obras proxectadas ou dalgunha das súas
unidades, que redunden nunha maior calidade
construtiva, e/a redución do prazo de execución
da obra, ata un máximo de 15 puntos.
- Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo
de 5 puntos.
- Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos.
- Programa de actuacións medioambientais,
ata un máximo de 5 puntos.
11.2.—Enumeración dos criterios avaliables mediante
formulas (Sobre C).
Nota importante: Só se procederá á apertura e
valoración das propostas do sobre c daquelas empresas
que obtivesen unha ponderación dos criterios
avaliables mediante xuízos de valor que superen
os 30 puntos.
Os criterios avaliables mediante formulas valoraranse
cun máximo de 50 puntos de conformidade
cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo
do contrato, ata un máximo de 45 puntos.
- Proxecto de control de calidade da obra que
a empresa manterá durante a súa execución,
ata un máximo de 5 puntos
Pontevedra, 31 de maio de 2010.—O Presidente,
Rafael Louzán Abal.—O Secretario, Carlos Cuadrado
Romay. 2010006085
??
??
??
??
9
Fuente de información: B.O.P. PONTEVEDRA Nº 104
Fecha de publicación: 03 de Junio de 2010