Expediente |
servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento e depuración |
Organismo |
Ayuntamiento de Ames |
Código Postal |
15220 |
Fecha de publicación |
31/07/2014 |
Ames
Anuncio de contratación de servizo público do “ciclo integral” da auga do Concello de Ames
ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO DO “CICLO INTEGRAL” DA AUGA DO CONCELLO DE AMES
1.–Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Concello de Ames (A Coruña).
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Ames e perfil do contratante do
Concello de Ames (www.concellodeames.org)
d) Domicilio: praza do Concello, s/n - Bertamiráns.
e) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15220.
f) Teléfono 981 883002.
g) Telefax 981 884929.
h) Data límite de obtención de documentos e información: ata á data de finalización de presentación de proposicións.
2.–Obxecto do contrato.
a) Tipo: concesión administrativa de xestión de servizo público.
b) Descrición: xestión do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento e depuración de
augas residuais do concello de Ames.
c) División por lotes: non.
d) Lugar de execución: Concello de Ames.
e) Prazo de duración: 9 meses.
f) Prórrogas: non se contemplan.
g) Códigos CPV: 65130000-3. Explotación do subministro de auga: 90480000-5. Servizos de xestión da rede de sumidoiros:
90481000-2. Servizo de depuración de augas residuais: 751300000-6. Servizo de apoio aos poderes públicos.
3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: varios criterios de adxudicación.
4.–Tipo de licitación.
Dadas as características do presente contrato, non se establece tipo de licitación pois este será ofertado polos
participantes.
5.–Garantías esixidas.
a) Garantía provisional: non se esixe.
b) Garantía definitiva: 100.000,00 euros.
6.–Requisitos específicos do contratista.
a) clasificación: non se esixe.
b) solvencia económica, financieira e técnica: de acordo co establecido nos pregos de claúsulas administrativas e
técnicas que rexerán a licitación. 7.–Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Ames, de
luns a sábado, en horario de 09.00 ata as 14.00 horas no prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte a
publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia.
8.–Apertura das proposicións.
? Entidade: Concello.
? Domicilio: Praza do Concello s/n - Bertamiráns
? Localidade: Ames.
? Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de 2 días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de
anuncios do Concello.
9.–Gasto de anuncios.
O adxudicatario estará obrigado a pagar todos os gastos de publicación de anuncios de licitación, e de ser o caso,
doutros que se puidesen insertar por causa do obxecto do contrato ou en cumprimento da lexislación vixente e de acordo
co establecido nos pregos que rexerán a licitación.
10.–Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os
pregos: www.concellodeames.org. (perfil do contratante).
Ames, a 29 de xullo de 2014.
O alcalde
Santiago V. Amor Barreiro
2014/8483
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. A CORUÑA Nº 144
Fecha de publicación: 31 de Julio de 2014