Expediente |
Servizo de monitoraxe na rede de comedores |
Organismo |
Ayuntamiento de Ames |
Código Postal |
15220 |
Fecha de publicación |
15/10/2014 |
Ames
Anuncio de contratación do servizo de monitoraxe na rede de comedores escolares do Concello de Ames
ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE “MONITORAXE NA REDE DE COMEDORES ESCOLARES DO CONCELLO DE
AMES”.
1.- Entidade adxudicataria:
a) Organismo: Concello de Ames
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación
2.- Obxecto do contrato:
a) Contratación do servizo de monitoraxe na rede de comedores escolares do Concello de Ames.
b) División por lotes e número: Non.
c) Lugar de execución: Concello de Ames.
d) Prazo de execución: A duración inicial do contrato é de 1 ano e medio, comezando o día 1 de xaneiro do 2015,
podendo prorrogarse expresamente por outro ano mais ata un máximo de 2 anos e medio, finalizando o servizo ao remate
do curso escolar 2016/2017.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: varios criterios de adxudicación.
4.- Orzamento: Valor total estimado do contrato: 1.709.404,56 €uros, mais 170.940,46 €uros de IVA, facendo un valor
total do contrato de 1.880.345,02 €uros.
5.- Garantía provisional: Non se esixe.
6.- Obtención de documentación e información
a) Entidade: Concello de Ames.
b) Domicilio: praza do Concello s/n- Bertamiráns.
c) Localidade e código postal: Ames (A Coruña) 15.220
d) Teléfono: 981 883002
e) Telefax: 981 884929
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata á data de finalización de presentación de proposicións.
7.- Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Presentación de ofertas: Os licitadores poderán presentar as proposicións no rexistro xeral do Concello de Ames, ata
as 14:00 horas no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio de licitación no
Boletín Oficial da Provincia.
a) Documentación a presentar: A sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Ames.
Concello de Ames
Praza do Concello s/n-Bertamiráns.
Ames (A Coruña) 15.220
c) Admisión de variantes (concurso): non se admiten. 8.- Apertura das ofertas.
• Entidade: Concello.
• Domicilio: Praza do Concello s/n – Bertamiráns
• Localidade: Ames.
• Data e hora: Indicarase cunha antelación mínima de 2 días hábiles no perfil do contratante
9.- Gasto de anuncios. O adxudicatario estará obrigado a pagar todos os gastos de publicación de anuncios de licitación,
de ser o caso, e doutros que se puidesen inserir por causa do obxecto do contrato ou en cumprimento da lexislación
vixente.
10.- Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os
pregos: www.concellodeames.org (perfil do contratante).
Ames, 10 de outubro de 2014
O alcalde
Santiago V. Amor Barreiro
2014/10888
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. A CORUÑA Nº 197
Fecha de publicación: 15 de Octubre de 2014