Expediente |
Subministro de tres fotocopiadoras |
Organismo |
Ayuntamiento de Ponte Caldelas |
Código Postal |
36820 |
Fecha de publicación |
26/12/2014 |
PONTE CALDELAS
Contratos administrativos
CORRECCIÓN ERROS DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DE SUBMINISTRO
DE TRES FOTOCOPIADORES EN RENTING E O SEU MANTEMENTO
Corrección de erros do expediente de contratación mediante procedemento aberto, oferta
económicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, do contrato de
subministro de tres fotocopiadoras en réxime de renting e o seu mantemento do Concello de
Ponte Caldelas.
Pola presente publícase ós efectos correspondentes a seguinte:
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA 499/2014
En diversos departamentos do Concello de Ponte Caldelas, en concreto en Servizos
Sociais, na Casa da Cultura e na Gardería-Ludoteca existen tres fotocopiadoras que, dado
o seu grao de obsolescencia, é necesario a adquisición dunhas novas e o seu mantemento.
En data 02.06.14 realizouse unha providencia de inicio para a contratación de catro
fotocopiadoras e, dado que para a Oficina Técnica pódese suplantar a fotocopiadora
existente por unha impresora multifunción A4, que realice as funcións de impresora, escáner
e fotocopiadora, e esta sería suficiente, en data 29.07.14 realizouse unha nova providencia
para que a contratación se realice para tres fotocopiadoras e o seu mantemento: unha para
o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas, outra para a Casa da
Cultura e outra para a Gardería-Ludoteca.
A modalidade pola que pretende adxudicar é o de procedemento aberto oferta
economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación do contrato de subministro
de tres fotocopiadoras en réxime de renting do Concello de Ponte Caldelas.
Á vista de que se redactou o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e de
Prescricións Técnicas, á vista de que o día 23.10.13 foi emitido pola Intervención un certificado
de existencia de crédito, á vista do Informe conxunto de Secretaría e Intervención de data 23
de outubro de 2014, se procedeu a aprobar o expediente de contratación e a apertura da mediante a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no perfil
do contratante un anuncio de licitación, para que durante o prazo de quince (15) días hábiles
os interesados poidan presentar as proposicións que consideren pertinentes.
A vista de que no Prego de cláusulas Administrativas se produxo un erro na formula para
calcular o a oferta mais ventaxosa no apartado 3.Coste copia/impresión sen IVE (puntuación
máxima 2 puntos).
A vista de que o artigo 105 2. da Lei 30/92 establece o que segue; “ As Administracións
públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos
interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.” e á vista
das miñas competencias establecidas na Disposición Adicional Segunda do Texto Refundido
da Lei de Contratos do Sector Público
RESOLVO:
PRIMEIRO:
Que onde dicía: “Custo copia ou impresión ofertado
Menor Custo copia ou impresión ofertado”,
debe decir: “Menor Custo copia ou impresión ofertado x1
Custo copia ou impresión ofertado
SEGUNDO:
Que se Publique esta Resolución no Boletin Oficial da Provincia e no Perfil do Contratante
e no Taboleiro de Anuncios deste Concello abrindo un novo prazo de quince (15) días hábiles
a contar dende a publicación desta resolución no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra
para que os interesados poidan presentar as súas proposicións.
Ponte Caldelas, 1 de decembro de 2014.—O Alcalde, Perfecto Rodríguez Muíños.—O
Secretario, Jacobo Barreiro Pimentel
2014019846
??
??
??
??
Fuente de información: B.O.P. PONTEVEDRA Nº 249
Fecha de publicación: 29 Diciembre de 2014