Expediente |
CSE072015 |
Organismo |
Ayuntamiento de Lalín |
Código Postal |
36500 |
Fecha de publicación |
05/06/2015 |
LICITACIÓN DO SERVIZO DE SISTEMAS DE SEGURIDADE DE DIVERSOS EDIFICIOS DO CONCELLO DE LALÍN
A Xunta de Goberno Local, na sesión de 25 de maio de 2015 acordou iniciar os trámites para contratar o servizo denominado "SISTEMAS DE SEGURIDADE (VIDEOVIXILANCIA, INTRUSIÓN E ANTI-INCENDIOS) DE DIVERSOS EDIFICIOS DO CONCELLO DE LALÍN" (CSE072015), e para tal efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e os seus anexos, prego de prescricións técnicas e anexos, autorizou o gasto, e ordenou anunciar a seguinte licitación:
1.-ENTIDADE ADXUDICADORA.
Concello de Lalín.
Dependencia que tramita o expediente e obtención de documentación e información: Secretaría/ Contratación, en horario de 09:00 ás 14:00 horas.
Domicilio: Praza de Galicia, núm. 1, 36500 Lalín (Pontevedra).
Teléfono: 986-787060.
Fax: 986-780638.
Correo electrónico: contratacion@lalin.org.
Dirección de internet do Perfil do Contratante: http://www.lalin.org
Data límite para a obtención de documentación e información: 15 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
Número de expediente: CSE072015
2.-OBXECTO
Tipo de contrato: servizos
Descrición: Realización dos servizos especializados de seguridade en diversos edificios municipais.
Lugar de execución: Concello de Lalín
Prazo de execución: 2 anos prorrogables por outros 2 anos máis.
CPA: 26.40.33 e 26,30.50 CPV: 47214,47323,46921
3.-TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO
Procedemento: aberto.
Trámite: ordinario.
Criterios de adxudicación: único.
4.-ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Importe sen IVE: 7.361,09 €
IVE (10%): 1.545,83€
Importe total: 8.906,92 €
5.-GARANTÍAS ESIXIDAS
Provisional: 5% do importe de adxudicación (incluídas todas as anualidades, no seu caso), excluído o IVE.
Definitiva: 5% do importe máximo de licitación (excluído o IVE).
6.-REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA
Clasificación: non se esixe.
7.-PRESENTACIÓN DE OFERTAS OU DE SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN
Data límite de presentación: decimo quinto (15) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Se o último día fose inhábil o prazo rematará o seguinte día hábil.
Presentación da documentación: no Rexistro Xeral do Concello, sito na dirección indicada no apartado 1, durante o horario de apertura do mesmo, en tres sobres pechados e na forma e requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas.
Admisión de variantes: non.
8.-APERTURA DE OFERTAS
Na Sala de Xuntas da planta primeira da Casa Consistorial, ás 12:00 horas do quinto día hábil posterior ao remate do prazo de presentación de proposicións (se cadrara sábado trasladarase ao seguinte día hábil) terá lugar o acto público de apertura dos sobres número 2. En caso de variación da data de apertura esta seralle comunicada aos licitadores vía fax ou a través de correo electrónico e publicarase tamén no perfil do contratante do Concello de Lalín, www.lalin.org.
A apertura da restante documentación realizarase na forma establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.
9.-GASTOS DE PUBLICIDADE
Por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.000,00 €.
A documentación requirida para participar na presente licitación estará a disposición dos interesados no Perfil do Contratante do Concello de Lalín así como no departamento de Secretaría/Contratación do Concello de Lalín.
Lalín, 26 de maio de 2015.-Manuel Gómez Estévez. Concelleiro Delegado de Facenda, Patrimonio, Réxime Interior, e Festas en funcións. Decreto da Alcaldía de 11/06/2011 publicado no BOP núm. 124 de 29/06/2011.
Fecha de publicación: 05/06/2015
Fuente: BOPPONTEVEDRANº
Enlace: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2015/06/05/2015022106