• 914 48 39 07
  • CONTRATACIÓN PÚBLICA SANITARIA
  • Login / Registro
  • Login / Registro
Acobur Asesores SL
  • Quienes somos
  • Servicios
    • Comunicación de licitaciones
    • Colaboración
    • Externalización
    • Tender Analytics
    • Formación
    • Recursos y alegaciones
  • MÁS
    • Calendario de festivos
    • Suscripción Newsletter
  • contacto
  • LOGIN/REGISTRO

    Contenido original del anuncio

  • Inicio
  • Concursos Públicos Gratuitos
  • CSE152015
  • Contenido original del anuncio

Anuncio de Licitación

Expediente CSE152015
Organismo Ayuntamiento de Lalín
Código Postal 36500
Fecha de publicación 16/10/2015

				LICITACIÓN "SERVIZOS DE TELEFONÍA E INTERNET DO CONCELLO DE LALÍN"

A Xunta de Goberno Local, na sesión de 9 de outubro de 2015 acordou iniciar os trámites para contratar os "SERVIZOS DE TELEFONÍA E INTERNET DO CONCELLO DE LALÍN" (Lote 1: Servizos de telefonía e Internet; Lote 2: Servizos de telefonía móbil: voz e datos) e para tal efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e os seus anexos, prego de prescricións técnicas e anexos, autorizou o gasto e ordenou anunciar a seguinte licitación: 

1.-ENTIDADE ADXUDICADORA

Concello de Lalín. 

Dependencia que tramita o expediente e obtención de documentación e información: Secretaría/ Contratación, en horario de 09:00 ás 14:00 horas. 

Domicilio: Praza de Galicia, núm. 1, 36500 Lalín (Pontevedra). 

Teléfono: 986-787060. 

Fax: 986-780638. 

Correo electrónico: contratacion@lalin.org. 

Dirección de internet do Perfil do Contratante: http://www.lalin.org

Data límite para a obtención de documentación e información: 15 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Número de expediente: CSE152015

2.-OBXECTO

Tipo de contrato: Servizos. 

Descrición: Realización do servizo contratar o mantemento do sistema de voz sobre IP e do sistema de interconexión dos centros dependentes e dos servizos de telefonía e internet, tanto fixa como móbil para o Concello de Lalín, consonte coas prescricións contidas no PPT.

Lugar de execución: Concello de Lalín

Prazo de execución: 3 anos prorrogables por 1 ano máis.

CPA: 61 CPV: 64200000-8.

3.-TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO

Procedemento: aberto.

Trámite: ordinario.

Criterios de adxudicación: varios.

4.-ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN

LOTE 1

Importe máximo mantemento: 2.500,00 €/anuais (IVE incluído)

Importe máximo anual telefonía fixa e internet: 22.000,00 (IVE incluído /anuais) Importe máximo incluído conceptos variables.

LOTE 2

Importe máximo anual telefonía móbil: 30.000,00 € (IVE incluído /anuais)

Importe máximo incluído conceptos variables.

5.-GARANTÍAS ESIXIDAS

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 5% do importe máximo de licitación (excluído o IVE).

6.-REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA

Solvencia económica e financeira do empresario: deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos tres anos, no ámbito ao cal se refire o contrato, igual ou superior á do orzamento total do contrato.

Solvencia técnica e profesional: achegando unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos tres últimos anos que inclúa importes, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. 

7.-PRESENTACIÓN DE OFERTAS OU DE SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN

Data límite de presentación: decimo quinto (15) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Se o último día fose inhábil o prazo rematará o seguinte día hábil.

Presentación da documentación: no Rexistro Xeral do Concello, sito na dirección indicada no apartado 1, durante o horario de apertura do mesmo, en dous sobres pechados e na forma e requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas.

Admisión de variantes: non. 

8.-APERTURA DE OFERTAS

Na Sala de Xuntas da planta primeira da Casa Consistorial, ás 12:00 horas do quinto día hábil posterior ao remate do prazo de presentación de proposicións (se cadrara sábado trasladarase ao seguinte día hábil) terá lugar o acto público de apertura dos sobres número 2. En caso de variación da data de apertura esta seralle comunicada aos licitadores vía fax ou a través de correo electrónico e publicarase tamén no perfil do contratante do Concello de Lalín, www.lalin.org.

A apertura da restante documentación realizarase na forma establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

9.-GASTOS DE PUBLICIDADE

Por conta do adxudicatario, ata un máximo de 500,00 €.

A documentación requirida para participar na presente licitación estará a disposición dos interesados no Perfil do Contratante do Concello de Lalín así como no departamento de Secretaría/Contratación do Concello de Lalín.

Lalín, 13 de outubro de 2015.-O Alcalde, Rafael Cuíña Aparicio.




Fecha de publicación: 16/10/2015

Fuente: BOPPONTEVEDRANº

Enlace: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2015/10/16/2015038426

				

Asesoría en Contratación Pública Sanitaria


C/ Orense, 34
28020 Madrid
acobur@acobur.es
91 448 39 07
Lunes a Viernes de 8:30h a 18:00h

Servicios
  • Comunicación de licitaciones
  • Colaboración
  • Externalización
 
  • Business Intelligence
  • Formación
  • Recursos y alegaciones

2016 © Todos los derechos reservados. Aviso legal | Condiciones del servicio | Uso de Cookies | Redes Sociales