Expediente |
S/01.16 |
Organismo |
Ayuntamiento de Teo |
Código Postal |
15883 |
Fecha de publicación |
16/02/2016 |
Administración Local
Municipal
Teo
Anuncio de licitación do servizo de axuda no fogar do Concello de Teo
ANUNCIO DE LICITACIÓN
A Xunta de Goberno Local do 01/02/16 aprobou o expediente de contratación do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TEO, mediante procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares e de condicións técnicas que rexerán a contratación, de acordo coas seguintes características:
1.-Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Teo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: S/01.16.
2.-Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TEO.
b) Duración do contrato: dous (2) anos, contando desde a data de inicio da actividade, podendo ser prorrogado, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.
3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, varios criterios de valoración.
4.-Tipo de licitación.
a) Presuposto base de licitación do contrato: 646.020 €, IVE excluído (323.010 €/anuais).
b) Valor estimado do contrato: 1,292.040€, IVE excluído.
5.-Garantías.
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 5% do presuposto base de licitación do contrato (art. 95.3 do TRLCSP).
6.-Obtención de documentación.
Concello de Teo-Secretaría Xeral.
Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo.
Teléfono 981 815700. Fax 981 809438.
7.-Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia.
8.-Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello, de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil do contratante do Concello de Teo. No caso de que o anuncio de licitación non se publique de forma simultánea, o prazo de presentación contarase a partir da última publicación.
b) Documentación a presentar.-A documentación presentarase en tres sobres pechados e asinados polo licitador:
- Sobre "A", subtitulado "Documentación administrativa": conterá a documentación esixida na claúsula 10 do prego de cláusulas administrativas.
- Sobre "B", subtitulado "Referencias técnicas": conterá a documentación que permita valorar a proposición de acordo cos criterios que dependen dun xuízo de valor, e que se especifican na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas.
- Sobre "C", subtitulado "Proposición económica e documentación avaliable de forma automática", incluirá a oferta económica de acordo co modelo do anexo I do prego de cláusulas administrativas, e a documentación esixida na cláusula 10.
c) Lugar de presentación:
- Concello de Teo, Trav. da Ramallosa, 38. 15883 Teo.
9.-Apertura das ofertas.
O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil do Contratante do Concello de Teo.
10.-Outras informacións.
Secretaría Xeral do Concello de Teo.
11.-Pregos.
Son de aplicación os pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas aprobados pola Xunta de Goberno Local do 01/02/16.
Teo, 3 de xaneiro de 2016.
O alcalde
Rafael C. Sisto Edreira
2016/817
Fecha de publicación: 16/02/2016
Fuente: Boletín Oficial de la provincia de A Coruña
Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/02/16/2016_0000000817.html