Expediente |
Escola infantil 0-3 municipal |
Organismo |
Ayuntamiento de Meis |
Código Postal |
36637 |
Fecha de publicación |
24/02/2016 |
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Mediante acordo da Xunta de Goberno Local celebrada o día 14-01-2016, aprobouse o expediente de contratación seguinte:
1. ENTIDADE ADXUDICADORA
a) Organismo: Concello de Meis.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. OBXECTO DO CONTRATO
a) Tipo de contrato: de servizos
b) Descrición do obxecto: escola infantil 0-3 municipal
c) Duración do contrato: dous anos e dous anos de eventual prórroga.
3. MODALIDADE DE ADXUDICACIÓN
Procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria.
4. TIPO DE LICITACIÓN
120.746,97 euros anuais (cento dezaseis mil novecentos vinte sete euros con cincuenta e dous céntimos). Custo estimado do contrato: 482.987,88 €
5. GARANTÍAS
Provisoria: non se esixe.
Definitiva: 5% do importe da adxudicación.
6. EXAME DO EXPEDIENTE
Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaria Xeral do Concello, en horario de luns a venres, de 9 a 14 horas, excepto festivos e ata o dia anterior o do remate do prazo de presentación de proposicións.
7. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS
As proposicións presentaranse no rexistro xeral deste Concello de luns a venres, de 9 a 14 horas, e os sábados de 10 a 13 horas, durante o prazo de 15 días naturais a contar dende o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. Se o ultimo dia de presentación de ofertas fora inhábil, se prorrogara ata o dia hábil seguinte.
8. APERTURA DE PROPOSICIÓNS
Ás doce horas do sexto dia hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas, se procederá pola mesa de contratación, en acto publico, á apertura das propostas técnicas presentadas (sobres B). A estes efectos, se tal dia fora sábado, o acto terá lugar o dia hábil seguinte. Posteriormente, na data que se comunique vía telemática ou mediante FAX, procederase en acto público á apertura das propostas económicas (sobres C) .
9. OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN
Concello de Meis, Avda. de Cambados, 67, Mosteiro (36637)
Páxina web: www.meis.es
Teléfonos: 986712001. Fax: 986715300
10. SOLVENCIAS:
a) Económica-financiera: Acreditarase mediante o volume anual de negocios, no eido do contrato, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos, por un importe mínimo de 181.1220,45 €.
b) Técnica-profesional: Acreditarase mediante unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos cinco anos, no eido do contrato, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado dos mesmos, avalados por certificados de boa execución, nos que o ano de maior execución sexa de importe igual ou superior a 84.522,88 €.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:
a) Persoal proposto polo licitador, a maiores do persoal mínimo esixido: Valoración: de 0 a 10 puntos.
b) Melloras ao proxecto educativo do centro. Valoración: de 0 a 35 puntos.
c) Plan de mantemento das instalacións e equipos. Valoración: de 0 a 5 puntos.
Criterios cuantificables automáticamente:
Prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos.
11. GASTOS DE PUBLICIDADE
A cargo do contratista adxudicatario
Meis, a 11 de febreiro de 2016.-O Alcalde, José Luis Pérez Estévez.
Fecha de publicación: 24/02/2016
Fuente: BOPPONTEVEDRANº
Enlace: http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/02/24/2016004706